27 nov 2009

A Estrada según a miña opinión, e lugares

Este é un mapa feito a partir do Google maps, na clase de TIC, onde recollín os lugares de maior interese de A Estrada segundo a miña opinión. Espero que vos guste moito, os que non viven nela a visitedes. Un saúdo.


Ver A Estrada según Roberto nun mapa máis grande

17 nov 2009

SPDY en Google


Google está revisando as condicións máis básicas co fin de incrementala velocidade da Web. HTTP foi sempre o estándar que permitiu que os servidores web e os navegadores puideran relacionarse entre sí, transformando no noso navegador os bits e bytes ofrecidos por un creador de contenidos en una página Web. Sen embargo Google está traballando nun proxecto chamado SPDY que podería permitir velocidades moito máis altas ás que hoxe nos permite o HTTP. Aínda que é pouco probable que se de en condicións reais, en condicións de laboratorio o SPDY permitiu, según Google, cargaranse ata un 55% máis rápido. Google aclarou que non entra nos seus plans propoñer un cambio radical de HTTP a SPDY, senón máis ben un proceso de cambio gradual no que convivan os dous xuntos. Será moi interesante observar se Google pretende manter esto para mellorar Chrome ou para toda a comunidade.

3 nov 2009

Presentación sobre os sistemas operativos

Esta é a presentación que fixen na asignatura TIC sobre os sistemas operativos que coñecín nesta interesante asignatura sobre as tecnoloxías e que espero que vos guste. Un saúdo a todos

2 nov 2009

Aprobado o uso de caracteres non latinos nas direccións de Internet


Moitas veces parecenos que o Internet é moi rutinario, pero artigos coma este demostran que esta en continuo desenrolamento. Dende que apareceu Internet, no ano 1983, solo se permitiron webs con caracteres latinos. Pero a ICANN ( organización que xestiona os dominios na rede) aprobou o uso de caracteres non latinos a partir de Novembro. Esto é un paso histórico neste mundillo, xa que leva consigo a internacionalización da Rede, o que fará que sexa máis accesible. Este cambio leva consigo tamén unha gran diversidade de alfabetos o que o fai realmente complicado. Algúns países xa habían desenrolado os seus propios sistemas para poder escribir no seu idioma e que logo fora traducido. Grazas a este cambio, poderase escribir en idiomas como hebreo, hindi... e permitiralle un maior acceso a países como Corea, Rusia o nacións árabes. Na miña opinión, este cambio permitirá unha maior diversidade de culturas, o que dará lugar a un enriquecemento da cultura dos internautas que visitan a miudo a Rede. Esta información foi sacada do Diario El País.